CRTVG

Buscar

A Revista FDS

O MUNCYT acolle a exposición "Big Neurona"

Publicado o 24/01/2016 13:52
O Muncyt, o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña proponnos desde esta semana unha viaxe ao interior do cerebro, para coñecer polo miúdo as nosas neuronas.

A exposición "Big Neurona" chámase así porque ten precisamente a forma dunha neurona xigante. Nela podemos descubrir por exemplo a base da empatía social ou a teoría científica das neuronas espello, todo explicado dun xeito claro. Poderase visitar ata o 26 de xuño.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista FDS

24/01/2016