CRTVG

Buscar

O multamóbil volve ás rúas de Ourense

Publicado o 09/07/2021 13:22
O multamóbil volve ás rúas de Ourense

O multamóbil de Ourense volve estar operativo despois de meses parado por avaría. Aseguran no concello que o obxectivo non pasa por recadar máis cartos senón por mentalizar os condutores dos efectos negativos dos estacionamientos indebidos. Vixiarán sobre todo os aparcamentos nas paradas de autobús, nos pasos para peóns e nas principais estradas, e sempre que interrompan carrís de circulación e supoñan un grave problema para o tráfico sancionarán aos infractores. O multamóbil está operativo as 24 horas do día.

Noticias web

09/07/2021