CRTVG

Buscar

A Revista

O muíño de Regueiro, en Aldemunde, leva en funcionamento desque a familia o construíu nos anos 50

Publicado o 01/01/2018 13:10
Cando o escoiten, pasaralles como a nós. Poderían estar horas oíndo a Xesús e Xesusa, muiñeiros na aldea de Aldemunde. Levan toda a vida mantendo vivo o muíño de regueiro que el axudou a construír. Cando emigrou, ela encargouse da casa, da familia e das quendas de moenda. O muíño que xa só funciona para eles, é patrimonio pero as súas historias moito máis.

A vida é tranquila e sinxela en Aldemunde entre os traballos da casa, a horta e os animais. Só se sente silencio e ouveos de cans. Pero os Regueiro aínda teñen un traballiño máis: o muíño que fixo o pai de Xesús e do que Xesusa se ocupou mentres el andou na emigración.
34.07-24.
Vinte anos botou en Suíza. Vinte anos en que traballou na cociña fría dun hotel de Basilea mentres Xesusa coidaba da familia e de organizar as quendas de moenda, cando aínda había xente na aldea que cultivaba as terras e traía o gran a moer, para o pan e para os animais. Agora, a moa só funciona para a casa e a maior parte das veces, para triturar o millo para os animais.
35.53-10.
28.24-34.
29.20-37// 29.45-54.
31.05.
Xesús axudou a facer este muíño, mesmo teimou por construílo onde está cando apenas era un rapaciño. Seu pai e o construtor fixéronlle caso. El sabía que a auga tería máis forza como el dicía. E setenta anos despois, o muíño aínda ca seca actual segue a ter auga.
26.23-45.
O vello rodicio de madeira, que tamén axudou a facer Xesús, pendura dun dos muros, substituído por un de metal. Pero as moas seguen sendo as primeiras que puxeron. As mesmas que poderían falar do ritmo daquelas muíñadas de festa, en que se xuntaban os veciños, amasaban en comunidade e logo cocían o pan, e nas que sempre aparecía algunha gaita.
30.08-20.
O patrimonio oral vivo que atesouran Xesús e Xesusa queda agora para turistas, escolares e quen queira achegarse a escoitar as historias de cando o muíño de Regueiro non paraba, nin de día nin de noite. Serán sempre, aseguran, ben recibidos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

01/01/2018