CRTVG

Buscar

O mozo que lle deu a labazada a Macron terá que pasar catro meses no cárcere

Publicado o 11/06/2021 08:10
O mozo que lle deu a labazada a Macron terá que pasar catro meses no cárcere

Damien Tarel, o mozo que lle deu unha labazada ao presidente de Francia Enmanuel Macron, terá que cumprir catro meses de prisión por ese feito. Macron estaba a saudar un grupo de cidadáns no transcurso dunha visita oficial ao sur de Francia cando Tarel, de 28 anos e situado na primeira liña de público, lle deu a lapada. Acompañou o ataque da expresión "Montjoie Saint-Denis!", o grito de guerra que usa a extrema dereita monárquica. O home foi condenado onte nun xuízo rápido celebrado dous días despois da agresión a 18 meses de cárcere, catorce deles exentos de cumprimento.

Noticias web

11/06/2021