CRTVG

Buscar

O mozo que esnafrou o coche contra a muralla de Lugo declara por dúas liortas

Publicado o 10/10/2019 21:24

Xa pasou a disposición xudicial Johnny, o veciño de Lugo que se fixera famoso por esnafrarse co seu coche cando circulaba a 220 quilómetros hora polas rúas da cidade. Desta volta prendérono por protagonizar dúas liortas na zona de copas e por ameazar os axentes que o foron deter. 

Hoxe foi posto a disposición xudicial Johnny NS, o veciño de Lugo que se fixo famoso nas redes sociais por esnafrarse co seu coche a 220 quilómetros por hora polas rúas da cidade e que colgaba vídeos das súas particulares xestas ao volante. Desta volta foi prendido por protagonizar dúas leas na zona de copas de Lugo e por enfrontarse os axentes que o foron deter.

"Púxose moi alterado e insultou e agrediu os compañeiros. Foi detido e tivo que recibir atención médica polo estado de alteración que presentaba".

Johnny, de 20 anos de idade, xa fora detido no 2016, cando tiña 17, por acoitelar un mozo durante unha noite de botellón.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/10/2019