CRTVG

Buscar

O mozo mugardés detido nun partido da NBA enfróntase a 10 anos de prisión

Publicado o 04/02/2019 22:25

O mozo de 23 anos, natural de Mugardos, estaba de viaxe coa moza na Florida cando, na metade dun partido da NBA, se leou a insultos con outro espectador.

As autoridades estadounidenses intentaron mediar con el e reducírono, caendo a rolos polas bancadas, como se pode ver neste vídeo que xa se fixo viral. O murgadés foi arrestado acusado dos delitos de agresión a policías, resistirse a un oficial empregando a violencia, conduta desordenada e desordes por intoxicación. Despois de pasar unhas horas na cadea e pagar 10.000 euros, foi posto en liberdade con cargos. Fontes do círculo da familia, aínda sorprendidas polos acontecementos, din que están preocupadas polo que poida pasar, pois agora enfróntase a unha pena de ata 10 anos de cárcere.

Espérase que regrese dos EUA nestes días, cando chegará a Barcelona, cidade onde traballa na hostalería.

 

Noticias web

04/02/2019