CRTVG

Buscar

Identificado un mozo da Illa de Arousa que apareceu morto hai dúas semanas en Lanzarote

Publicado o 02/03/2019 21:41

• O corpo non levaba ningunha identificación cando foi atopado

• A familia desprázase a Canarias para facerse cargo do finado

 

 A Policía Nacional das Canarias confirmou a identidade do mozo atopado morto o 18 de febreiro no paseo marítimo de Arrecife en Lanzarote. Segundo fontes municipais, trataríase dun home de 30 anos e veciño da Illa de Arousa, que, entre as circunstancias que baralla a investigación policial, pode que sufrira un accidente cando estaba paseando pola zona.

O mozo non levaba ningunha documentación consigo cando foi atopado, circunstancia que dificultou inicialmente a súa identificación. Apareceu entre unhas rochas do paseo, nun lugar de acceso dificil polo esvaradío do terreo.

A Policía Nacional contactou coa Policía Local da Illa de Arousa e finalmente conseguiu localizar a familia do finado, que hoxe se desprazaba ás Canarias para facerse cargo dos restos mortais.

Noticias web

02/03/2019