CRTVG

Buscar

O mozo asasinado en Salceda ademais das coiteladas presentaba outras agresións e golpes

Publicado o 12/06/2019 14:33

A autopsia do cadáver de Soufian, o mozo de 24 anos asasinado en Salceda, revela que ademais das tres coiteladas tamén presentaba outras agresións e varios golpes na cara.

O suposto autor dos feitos pasou xa a súa segunda noite no cárcere. Mentres, a Garda Civil continúa coa investigación, e céntrase en desvelar as causas e o contexto en que tivo lugar o suceso o sábado pasado. O mozo saíra de festa cos seus amigos e nun determinado momento tivo un forcexo co suposto agresor, que acabou coa súa vida.

O corpo de Soufian está a ser velado no Centro Islámico de Vigo pola súa familia, que pide xustiza. Nas últimas horas quixeron aclarar que en ningún momento solicitaron diñeiro para a repatriación.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/06/2019