O movemento feminista chama a mobilizarse contra as propostas de Vox en materia de xénero
Publicado o 09/01/2019 19:41
O movemento feminista chama toda a cidadanía a mobilizarse contra as propostas de Vox en materia de xénero.
Baixo o lema Nin un paso atrás, máis de cen organizacións convocan protestas en vinte cidades españolas. Aseguran que os dereitos das mulleres non se negocian e non van permitir ningún retroceso. Acusan a Vox de utilizar a desinformación para crear confusión sobre os dereitos das mulleres. Tamén de difundir noticias falsas para desprestixiar os dereitos adquiridos e perpetuar a discriminación da muller polo feito de selo.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí