CRTVG

Buscar

O movemento cidadá dos panos vermellos pide a fin da violencia en Francia

Publicado o 28/01/2019 09:19

En Francia xurdiu un movemento cidadá, o dos panos vermellos, fronte ao dos chalecos amarelos. Se o sábado se mobilizaban por undécima fin de semana consecutiva ducias de miles de persoas convocadas polos chalecos amarelos, onte unhas 10.500 protagonizaron a primeira marcha dos panos vermellos. Din que son apolíticos e están fartos da violencia. Piden o respecto ás institucións e unha volta á calma a través do diálogo. Algúns participantes explicaron que a súa mobilización non supón un apoio ao presidente Macron nin buscan a confrontación directa cos chalecos amarelos. O cambio, sosteñen, debe xurdir do diálogo ou das urnas.

Mentres, os chalecos amarelos difundiron a imaxe dun dos seus seguidores ferido por unha bala de goma da policía antidisturbios o sábado.


 

Noticias web

28/01/2019