CRTVG

Buscar

O mosteiro de Santa Cristina, na Ribeira Sacra, abre as súas portas aos visitantes

Publicado o 02/06/2020 20:35

Así comeza a visita. Desinfección de mans e información gardando a distancia de seguridade. En breve os folletos serán substituídos por cun código QR para evitar o papel.

O ano pasado visitaron este cenobio 50.000 persoas. Por agora os visitantes son da provincia. A maior parte deles xa estiveron aquí antes e agora reencóntranse con esta xoia da Ribeira Sacra tras o confinamento.

A ocupación está limitada a 30 persoas cada hora. Ademais deste mosteiro tamén se pode visitar xa o de Santa María de Xunqueira de Espadanedo. Outros agardan aínda para abrir as súas portas. O consorcio da Ribeira Sacra traballa nunha plataforma para poder mercar as entradas a través de Internet.

Noticias web

02/06/2020