CRTVG

Buscar

O mosteiro de San Amaro bole cos retiros e cerimonias dos discípulos budistas

Publicado o 16/08/2019 21:37

É outra forma de facer turismo interior: estes días estase notando moita afluencia de xente no mosteiro budista de San Amaro. Recitan sadanas de diferentes deidades, con instrumentos, cánticos e mantras. Son as cerimonias das puyas, que teñen como finalidade diminuir os obstáculos mentais.

A fin última no budismo é acabar co sufrimento e beneficiar a todos os seres. Unha filosofía de vida que atrae ata o mosteiro budista de San Amaro cada verán a máis xente. Chegan tamén de diferentes puntos de España e do resto de Europa. E así este centro budista tibetano non deixa de estenderse por unha aldea que estaba practicamente abandonada, en breve comezan a construir unha nova Gompa, que esta faiselles pequena, unha biblioteca, máis aulas e máis aloxamentos.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/08/2019