CRTVG

Buscar

O mosso que cuestionou a república terá que declarar por insultar un manifestante

Publicado o 13/02/2019 21:07

A División de Asuntos Internos dos Mossos d'Esquadra citou a declarar o próximo luns o axente dos antidisturbios que lle dixo a un manifestante: "A república non existe, idiota". Ocorreu durante as protestas pola celebración do Consello de Ministros en Barcelona.

A Generalitat xa anunciara daquela que se ía investigar a actuación do axente, non por pronunciarse sobre a existencia da república, dicían, senón polo insulto ao manifestante, que era un garda forestal.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2019