CRTVG

Buscar

O Morrazo celebra unhas xornadas de degustación para poñer en valor o 'chuletón' de Moaña

Publicado o 20/08/2020 16:45

O chuletón de Moaña quere volver a ser protagonista nesta terra do Morrazo. Para iso celébranse este mediodía unhas xornadas de degustación que queren por en valor un produto con moita tradición e séculos de historia.

Xornadas en que participaron unha trintena de comensais que dan así o tiro de saída a un proxecto que busca un selo de calidade gastronómico a nivel nacional.

Os animais, criados entre Moaña e Fisterra, chegan o prato en condicións óptimas para lograr unha carne moi característica desta zona. Este mediodía o protagonista foi un lombo de boi que pasou 150 días de maduración.

Noticias web

20/08/2020