CRTVG

Buscar

O monte Caxado amence cuberto de neve pero sen problemas para circular entre As Pontes e Ortigueira

Publicado o 09/01/2021 14:36

A neve tamén chegou, aínda que de forma moi tímida, á provincia da Coruña. Estas imaxes gravámolas pouco antes do mediodía no monte Caxado, a uns setecentos metros de altitude.

Na serra da Faladoira non é infrecuente ver neve nos días máis xélidos do inverno. Desta volta non supuxo problemas para a circulación de vehículos por esta estrada, que comunica os concellos das Pontes e de Ortigueira.


 

Noticias web

09/01/2021