CRTVG

Buscar

Media tonelada de toalliñas a piques de colapsar a depuradora da Coruña

Publicado o 11/01/2019 20:49

Esta é só parte da xigantesca masa de toalliñas e fibras que apareceu na estación depuradora de augas residuais de Bens, na Coruña, de onde tivo que ser retirada para que non colapsara as instalacións. En total este monstro dos sumidoiros pesaba media tonelada e chegou ata aquí debido a un mal uso da rede sanitaria.

Carlos Lamora. director xeral da EDAR de Bens: "Nestas instalacións recibimos diariamente máis de 2.500 quilos desta mistura de toalliñas, compresas, pañais, seda dental, pelo. Todo iso chega todos os días. Son preto dun millón de quilos ao ano e iso eliminalo custa máis de 200.000 ou case 300.000 euros ao ano que pagamos todos".

O papel hixiénico que arroxamos polo váter disólseve con facilidade, pero as toalliñas húmidas tardan meses en facelo. Trátase dun problema ecolóxico que amais dun coste económico ten un coste ambiental. Carlos Lamora. director xeral da EDAR de Bens: "En vez de tirar estes elementos de hixiene persoal ao inodoro se os tiranos nun papeleira, o que fai é facilitar moitísimo o noso traballo".

A depuradora de Bens é unha empresa pública que dá servizo a máis de 400.000 habitantes e empresas dos concellos de Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros e A Coruña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2019