CRTVG

Buscar

O monopatín de Ignacio Echeverría pasa a formar parte da memoria das vítimas do terrorismo

Publicado o 17/01/2020 17:57
O monopatín de Ignacio Echeverría pasa a formar parte da memoria das vítimas do terrorismo

O pai de Ignacio Echeverría, entregou o monopatín co que o seu fillo se enfrontou en Londres aos terroristas que lle causaron a morte, aos 39 anos, nun atentado en 2017, ao director do Centro para a Memoría das Vítimas do Terrorismo.

A vida de Ignacio Echeverría, nacido no concello das Pontes, saíu do anonimato tras os atentados que deixaran oito mortos na noite do tres de xuño do 2017 en Londres.

Echeverrría, moi afeccionado a patinar, tratou de golpear co seu monopatín un dos terroristas que agredira unha moza, pero outros dous terroristas asestáronlle dúas coiteladas polas costas que acabarían matándoo.

A prensa británica comezou entón a falar de Echeverría como do heroe do monopatín.