CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O Monbús Obradoiro medirase co Real Madrid na Supercopa

Publicado o 12/09/2018 15:22

Baloncesto. Sorteo da Supercopa de España que se celebra a próxima semana no Sar. Sorteo de semifinais. O Real Madrid será o rival do Monbús Obradoiro o venres ás nove e media. Antes dese encontro vaise xogar a outra semifinal, o Barcelona medirase co Baskonia. O sábado a final e o concurso de triplas en que participará o obradoirista Kostas Vasileiadis. Campión de Europa, Campión de Copa e subcampión da Liga ACB tiran de currículo para citarse no Sar co orgulloso anfitrión nunha Supercopa que xa ten asegurado o éxito de cítica e de público: hai dous anos o Obradoiro acolleu a Copa na Coruña. O venres ás nove e media estréase na Caldeira do Sar nunha gran competición contra o Real Madrid, e garante ser competitivo.

Ás sete da tarde comeza a Supercopa coa outra semifinal entre o Barcelona e o Baskonia, que escoitou o derradeiro miudiño da temporada pasada. Un deles agardará na final do sábado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí