CRTVG

Buscar

O módulo Nelson Mandela do cárcere de Teixeiro convértese en mixto

Publicado o 23/06/2021 16:49

Leva trece anos en funcionamento no Centro Penitenciario de Teixeiro, pero agora comeza unha nova andaina. Falamos do módulo Nelson Mandela de preparación para a vida en liberdade.

É un programa pioneiro que forma parte da estratexia de Inclusión Social de Galicia, e por el xa pasaron máis de 1.500 internos. Ata o de agora foron todos homes, pero hoxe quedou inaugurado como módulo mixto, e xa acolle as primeiras doce mulleres.

Noticias web

23/06/2021