O modisto de Tui Roberto Diz leva inspiración e traballo á pasarela de Madrid
Publicado o 27/01/2019 18:48
Os momentos previos dun desfile son os dos nervios e dos ultimos preparativos. Ten raíces galegas, pero moitas influencias andaluzas nas súas coleccións, porque alí pasou boa parte da súa vida. Volve á pasarela madrileña con forzas anovadas e unha aposta de mesturas de pezas clásicas con outras máis atrevidas. Estampados, volumes e cores teñen sempre un estímulo para un modisto que reivindica o traballo e a inspiración a partes iguais.