CRTVG

Buscar

O modelo Vilarreal: a base como piar fundamental

Publicado o 28/05/2021 15:39

Unha economía solvente, unha gran rede de olladores e unha aposta pola base por convencemento, e non por necesidade. Eses son os piares do modelo e crecemento do Vilarreal nos últimos 24 anos.

Milucho, ollador do submarino amarelo en Galicia e norte de Portugal: "É absolutamente por convencemento. É a mellor canteira de toda España porque hai futbolistas de todos os sitios e teñen as condicións necesarios para poder saír algún día".

Un modelo, polo que dende hai uns anos aposta tamén outros equipos, como o Celta. "Este ano foi necesidade pero combinada con convencemento. Os porteiros, por exemplo, ata agora eran innegociables pola idea de fútbol do Celta".

Unha aposta pola canteira que permite decidir entre saír ou quedar en Galicia. "En Vilarreal agora mesmo hai 5 galegos, algúns a piques de entrar no primeiro equipo como Dani Tasende, o irmán de Angeliño; ou Dani Pereiro, un central que estaba no Coruxo.

Como antes pasaron outros galegos como Jonathan Pereira, ou Brais Méndez.

Noticias web

28/05/2021