CRTVG

Buscar

O móbil, imprescindible na maleta das vacacións

Publicado o 18/08/2019 20:39

Os españois miramos o móbil entre 11 e 50 veces ao día, e esta situación non varía no verán. Para un 83% o móbil resulta totalmente imprescindible nas vacacións, ata o punto de que preferirían esquecer o cepillo de dentes, a maquillaxe ou a maquina de afeitar, antes de que lles quedase o teléfono na casa. Pero non queda aí a cousa. Cando estamos no noso destino vacacional tampouco deixamos o móbil. Sete de cada dez españois levan o dispositivo fisicamente á praia ou á piscina. Usámolo para estar en contacto con familiares e amigos, para interactuar nas redes sociais e tamén para capturar as mellores instantáneas das nosas vacacións.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/08/2019