CRTVG

Buscar

O móbil e o tabaco son as primeiras causas de distracción ao volante

Publicado o 23/09/2019 15:01

Usar o móbil mentres conducimos produce ao ano case 8.000 accidentes con vítimas, nos que morreron preto de 400 persoas. O 11% dos condutores galegos incluso admite facer selfis ao volante. Datos aterradores que deberían concienciar do perigo dos teléfonos intelixentes ao volante.

Francisco Valencia, director de Línea Directa Aseguradora: "A metade dos condutores españois recoñecen usar o móbil mentres conducen. Dous millóns de condutores españois recoñecen facer selfis mentres conducen e o 35% recoñecen chatear por Whastapp cando están ao volante".

Distraccións coma esta en que contestamos un whatsapp cando estamos ao volante aumentan o risco de producir un accidente nun 20%. Un de cada tres condutores admite facelo, pero concienciémonos do seu perigo, xa que as distraccións ao volante co móbil xa producen máis accidentes que o alcohol.

Os condutores opinan: "É perigoso porque o alcohol bébelo en momentos oportunos, pero o teléfono andas todo o día con el". "Ademais de ter as mans libres, hai que ter a cabeza libre tamén". "Aínda que o leve conectado co Bluetooth e con todo, trato de non usalo porque ao final estás pensando noutras cousas e non vas concentrado ao 100%". "Cando estamos conducindo, estamos conducindo, non debemos ter o móbil na man nin debemos estar falando, nin estar fumando."

O tabaco é precisamente outra das causas de distracción máis comúns ao volante. Segundo a DXT, fumar conducindo pode matarnos en dous segundos. Non se sanciona directamente por este motivo, pero si polo uso do móbil; a multa é de 200 euros e a retirada de tres puntos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/09/2019