CRTVG

Buscar

O misterio dos cans da Palma: foron rescatados e o seu paradoiro é unha incógnita

Publicado o 22/10/2021 08:41
O misterio dos cans da Palma: foron rescatados e o seu paradoiro é unha incógnita

Desenlace sorprendente da historia dos galgos atrapados no tellado dunha casa. Cando todo estaba preparado para que fosen rescatados polos drons dunha empresa galega, resulta que os cans desapareceron e arestora o seu paradoiro aínda é unha incógnita. 

Todo apunta a que están ben. Iso polo menos é o que di a mensaxe que alguén que se denomina "Equipo A" escribiu nunha pancarta que apareceu na vivenda.

A empresa de drons confirmou que había pegadas humanas na zona, malia que está prohibido acceder a pé. Ao parecer, os rescatadores son coñecidos do dono dos cans.

O Pevolca alertou da gravidade de burlar o perímetro de exclusión.

Noticias web

22/10/2021