O misterio das caveiras de Xerión que se están multiplicando nas rúas da Coruña
A caveira de Xerión aprece nas tapas dos sumidoiros, nos letreiros das rúas, no mesmo escudo oficial da Coruña, e desde hai unhas semanas nestas pequenas placas que desde hai unhas semanas os coruñeses están a descubrir en diversos puntos da cidade.
Trátase de pequenos mosaicos feitos ao xeito dun movemento urbano coñecido como pixel art. O seu autor e o propósito da acción son descoñecidos, pero desde o concello confirmaron que o están buscando para sancionalo por carecer de permiso e operarios municipais están a retirar as que atopan, aínda que a moitos coruñeses parecen gostarlles. Outros coinciden co concello en cualificar as caveiras como vandalismo.
A cor azul do fondo e o feito de que se deran a coñecer nunha conta de Internet chamada Xeriongram confirman o vencello co xigante soterrado ao pé da Torre de Hércules, e semella que o autor destas obras temén se vai converter noutra lenda coruñesa.