O Miño pasa por Ourense cun 60% de auga por debaixo da media
A imaxe que ofrece o Miño ao seu paso pola cidade de Ourense é dun caudal baixo que permite ver sen dificultade o fondo do río. Está un 61% máis baixo ca a súa media para esta época do ano.
A precipitación acumulada é un oito por cento inferior á media histórica, e os encoros están o 66 por cento da súa capacidade, un cinco por cento menos que o ano pasado. Dende a Confederación Hidrográfica do Miño Sil apuntan que malia que imaxes coma esta poidan chamar a atención enmárcanse dentro da normalidade para esta época do ano.
Sinalan, ademais, que as zonas que se atopan por baixo da media están reguladas por encoros de uso hidroeléctrico. Almacenan ou verten máis ou menos auga en función da demanda e a concesión que teñan estipulada. Nada din, que saia do normal ou faga prever problemas de subministración.