CRTVG

Buscar

O ministro neerlandés de Finanzas recoñece que lle faltou empatía con España

Publicado o 31/03/2020 18:52
O ministro neerlandés de Finanzas recoñece que lle faltou empatía con España

O ministro de Finanzas dos Países Baixos, Wopke Hoekstra, duramente criticado nos últimos días polos seus comentarios sobre España ou Italia, recoñeceu este martes que lle faltou empatía e non soubo trasladar correctamente a mensaxe de solidariedade que defende o seu Goberno, aínda que mantén o seu rexeitamento á emisión de eurobonos para mitigar o impacto da pandemia de coronavirus porque considera que non é a solución adecuada.

Nunha entrevista á televisión holandesa RTL, Hoekstra garantiu que o seu país quere "axudar", pero admitiu que as mensaxes que lanzou recentemente sobre a posición holandesa non tiveron a "suficiente empatía" e foron expresadas de tal forma que "provocaron resistencia". O ministro holandés de Finanzas sinalou, por exemplo, que o rexeitamento do seu Goberno a un instrumento de débeda mutualizada europea quedou claro, pero non sucede o mesmo coa vontade de mostrar solidariedade. "Non din a miña mensaxe con suficiente empatía", dixo, para despois afirmar que están a favor da "solidariedade", pero tamén de buscar unha vía "razoable e sensata".

Noticias web

31/03/2020