O ministro Garzón acusa a Filipe VI de "manobrar" contra o Goberno
Fontes da Casa Real confírmanlle á Televisión de Galicia que a chamada do Rei a Carlos Lesmes foi "unha chamada de cortesía co obxecto de trasladarlle a súa felicitación persoal á nova promoción da carreira xudicial, sen consideracións institucionais, respecto do acto celebrado". A ausencia do Rei hoxe en Barcelona está suscitando numerosas reaccións políticas.
O ministro de Consumo, Alberto Garzón, critica nun chío de Twitter a chamada do rei Filipe VI ao presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPX) e do Supremo, Carlos Lesmes, en que lle comunica que lle gustaría estar no acto de Barcelona.
Garzón considera a acción do monarca como unha "manobra contra o Goberno" e que o rei Filipe VI estaría "incumprindo dese modo a Constitución que impón a súa neutralidade".
Entende, ademais, que esta "posición dunha monarquía hereditaria", que gozaría, ao seu ver, do aplauso da extrema dereita, é "sinxelamente insostible".
La posición de una monarquía hereditaria que maniobra contra el Gobierno democráticamente elegido, incumpliendo de ese modo la constitución que impone su neutralidad, mientras es aplaudida por la extrema derecha es sencillamente insostenible.
— Alberto Garzón (@agarzon) September 25, 2020
Iglesias pídelle neutralidade ao rei
Respeto institucional significa neutralidad política de la jefatura del Estado, renovación de los órganos judiciales en tiempo y forma, actuaciones de la fuerza pública proporcionales. Art.1.2CE: La soberanía reside en el pueblo español del que emanan todos los poderes del Estado pic.twitter.com/WnWR0valz6
— Pablo Iglesias (@PabloIglesias) September 25, 2020
O vicepresidente segundo do Goberno e líder de Podemos, Pablo Iglesias, asegurou tras a polémica pola conversa de Filipe VI co presidente do Consello Xeral do Poder Xudicia que "o respecto institucional significa neutralidade política da xefatura do Estado", xunto á "renovación dos órganos xudiciais en tempo e forma". Ademais, o vicepresidente no seu comentario en redes lembrou o artigo 1.2 da Constitución Española: "A soberanía reside no pobo español do que emanan todos os poderes do Estado".
Casado e Arrimadas pídenlle a Sánchez que desautorice os dous ministros
O líder do Partido Popular, Pablo Casado, reclamou este venres ao presidente do Executivo, Pedro Sánchez, que desautorice o vicepresidente segundo, Pablo Iglesias, e o ministro de Consumo, Alberto Garzón, polos seus "intolerables" ataques ao Rei. Nunha mensaxe na súa conta persoal de Twitter, o presidente dos 'populares' subliñou que "os ataques do Goberno ao Rey son intolerables" e advertiu que desde o PP actuarase "con firmeza contra esta subversión da orde constitucional".
Los ataques del Gobierno al Rey son intolerables. Si Sánchez no desautoriza inmediatamente a su vicepresidente y ministros será responsable de la más grave crisis institucional de nuestra historia reciente. Y actuaremos con firmeza contra esta subversión del orden constitucional.
— Pablo Casado Blanco (@pablocasado_) September 25, 2020
A presidenta de Ciudadanos, Inés Arrimadas, cualificou de "inadmisibles" as palabras do vicepresidente segundo do Goberno, Pablo Iglesias, e do ministro de Consumo, Alberto Garzón, contra a monarquía e instou ao xefe do Executivo, Pedro Sánchez, a "desautorizalas" e saír en defensa do Rey Felipe VI. "O que dana verdadeiramente á democracia son estes ataques do populismo ás institucións que son de todos. Unhas palabras inadmisibles e impropias de membros do Goberno de España".
Lo que daña verdaderamente a la democracia son estos ataques del populismo a las instituciones que son de todos. Unas palabras inadmisibles e impropias de miembros del Gobierno de España. Sánchez debe desautorizarlas de inmediato y defender al Jefe del Estado. #YoConElRey pic.twitter.com/ya5KIff44M
— Inés Arrimadas (@InesArrimadas) September 25, 2020