O ministro do Interior nega que se trate dunha operación en contra do independentismo
Publicado o 23/09/2019 21:07
O ministro do Interior en funcións nega que esta sexa unha operación en contra do independentismo. Grande-Marlaska di que unha vez máis se demostra que o sistema xudicial español funciona.
Fernando Grande-Marlaska, ministro do Interior en funcións, "é algo propio dun estado de dereito, e temos que comprendelo. Houbo nove persoas detidas ás que se lles imputa feitos concretos. Insisto, son persoas concretas ás que se lles imputa feitos concretos que determinou a autoridade xudicial".