O ministro de Xustiza advirte a Generalitat de que a lei non contempla a suspensión das eleccións
Publicado o 14/01/2021 14:33
Ante o avance da epidemia, a Generalitat estuda aprazar as eleccións en Cataluña, que estaban previstas para o catorce de febreiro. O Goberno catalán tomará mañá a decisión, despois de oír a opinión de todos os grupos parlamentarios. Pero os partidos xa se foron pronunciando. Están todos a favor de adialas salvo o PSC.
Esta mañá, o ministro de Xustiza, o tamén socialista Juan Carlos Campo, advertía de que a Lei electoral non contempla a suspensión dos comicios, aínda que admite que "se non hai máis remedio, podería facerse, como vimos en Galicia e País Vasco, pero, dende logo, é unha cousa moi, moi delicada".