O ministro de Seguridade Social terá como gran reto a reforma do sistema de pensións
Coa carteira de Seguridade Social, Inclusión e Migración, José Luis Escribá dirixirá o ministerio que move máis cartos. Só coa Seguridade Social os ingresos e gastos superan os 140.000 millóns de euros, para o pagamento das pensións cada mes. Un asunto esencial para os sindicatos, que recean da repartición de competencias co Ministerio de Traballo.
Pepe Álvarez, secretario xeral da UXT: "É difícil facer políticas cando as competencias están tan repartidas. Ou hai unha coordinación moi estrita ou vai ser difícil a estrutura do novo Goberno porque a Seguridade Social ten unha relación moi directa coa Inspeción de Traballo".
Os empresarios reclaman consenso nun dos retos do novo ministro, darlle pulo á reforma do sistema de pensións.
Antonio Garamendi, presidente da CEOE: "A pensións non é un tema do Goberno que diga por real decreto arranxo isto, porque se o arranxa, vaino arranxar un ano e medio. Aquí farán falta consensos claves".