CRTVG

Buscar

O ministro de Sanidade defende as vacacións de Fernando Simón

Publicado o 17/09/2020 14:53

Fernando Simón, a cara visible do Goberno que informa cada día da epidemia, leva varias xornadas sen comparecer ante a prensa. Diversos medios de comunicación publican hoxe unha foto súa en Mallorca, onde se trasladou para gravar un programa de televisión. Sobre este asunto preguntáronlle ao ministro de Sanidade. Para Salvador Illa, Simón é un gran servidor público que ben merece un tempo de descanso.  "Non vou opinar sobre como descansa ou usa as súas vacacións. O que digo é que me parece xusto que esta persoa teña unha segunda semana de descanso despois de todo o traballo que fixo dende o mes de febreiro", respondeu Illa.

Noticias web

17/09/2020