O ministro de Exteriores de Marrocos acusa a España de 'europeizar' a crise
Publicado o 10/06/2021 15:01
Marrocos intenta desvincular a Unión Europea da crise diplomática. O ministro marroquí de Exteriores di que a crise é bilateral, e acusa a España de "europeizala". Naser Burita advirte de que o problema persiste porque non se limita ao paso de Brahim Ghali por territorio español.
Naser Burita, ministro de Exteriores de Marrocos: "A tentativa de europeizar a crise non cambia nada na percepción de Marrocos de que a crise é, ante todo, bilateral. Non comezou coa chegada e non terminou coa saída desta persoa. É unha crise de confianza".