CRTVG

Buscar

O ministro de Ciencia en funcións, Pedro Duque, en Vigo, no buque oceanográfico Sarmiento de Gamboa

Publicado o 08/08/2019 13:11
O ministro de Ciencia en funcións, Pedro Duque, en Vigo, no buque oceanográfico Sarmiento de Gamboa
O ministro de Ciencia, innovación e Universidades en funcións, Pedro Duque, visitou e despediu hoxe en Vigo ao buque oceanográfico Sarmiento de Gamboa, que prevé probar a recollida de metais para a minería nos fondos mariños con tecnoloxía que teña un escrupuloso respecto ao medio ambiente.
"Estamos a facer as cousas ao estilo europeo, é dicir, imos desenvolver tecnoloxía de maneira que podamos facer minería sen facer destrución do medio ambiente", dixo Duque sobre un dos espigóns da área portuaria de Beiramar, en Vigo.
A campaña na que participa o Sarmiento de Gamboa leva o nome de Blue- Nodules, un proxecto de investigación e innovación financiado polo programa marco H2020 no que participan catorce socios académicos e industriais de nove países da Unión Europea.
"O buque non para. A participación española en proxectos europeos é constante", dixo o ministro, quen sinalou que "hai que estar moi orgullosos das instalacións científicas de España", en particular do buque oceanográfico, do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí