CRTVG

Buscar

O ministro da Seguridade Social avanza que en novembro se crearon 100.000 empregos

Publicado o 01/12/2020 21:27

Este mércores coñeceremos os datos do paro do mes de novembro, pero o ministro da Seguridade Social avanzou que o mes pasado creáronse en España 100.000 empregos. Foi na sesión de control ao Goberno no Senado.

"A día de hoxe recuperamos dous terzos do emprego perdido no período máis duro da pandemia e teñamos un nivel de emprego no mes de novembro de máis de 100.000 traballadores máis afiliados á seguridade social de empregos desestacionalizados", di José Luis Escriva, ministro da Seguridade Social.


 

Noticias web

01/12/2020