CRTVG

Buscar

O Ministerio rexistra unha nova morte nas últimas 24 horas e rebaixa a 52 as semanais

Publicado o 05/06/2020 17:22

O Ministerio de Sanidade rexistrou unha nova morte por coronavirus nas últimas 24 horas, o que eleva a cifra total de falecidos ás 27.134 persoas, 52 delas nos últimos sete días.

Ademais, 240.978 persoas deron positivo nunha proba PCR, o que supón 177 máis nun día; 11.432 persoas ingresaron nunha unidade de coidados intensivos (UCI), 14 nos últimos 7 días, e 124.244 precisaron hospitalización, 162 na última semana.

Baleares, Canarias, Cantabria, Castela-A Mancha, Ceuta, Melilla, Murcia e Navarra non rexistraron ningún falecido por Covid-19 nos últimos sete días.

Con todo, a repartición de falecidos por comunidades autónomas é a seguinte:

· Andalucía: 1.404 (1 nos últimos sete días)

· Aragón: 826 (2 na última semana)

· Asturias: 312 (10 nos últimos sete días)

· Baleares: 209

· Canarias: 151

· Cantabria: 202

· Castela-A Mancha: 2.945

· Castela e León: 1.928 (21 nos últimos sete días)

· Cataluña: 5.587 (7 na última semana)

· Ceuta: 4 falecidos desde o comezo da pandemia

· Comunidade Valenciana: 1.332 (1 no últimos sete días)

· Estremadura: 508 (5 no últimos sete días)

· Galicia: 609 (1 na última semana)

· Madrid: 8.691 (1 nos últimos sete días)

· Melilla: 2

· Murcia: 148

· Navarra: 490

· País Vasco: 1.424 (1 nos últimos sete días)

· A Rioxa: 362 (2 na última semana)

A repartición de casos diagnosticados de Covid-19 por comunidades é a seguinte:

· Andalucía: 12.759

· Aragón: 5.757

· Asturias: 2.424

· Baleares: 2.110

· Canarias: 2.362

· Cantabria: 2.320

· Castela-A Mancha: 17.431

· Castela e León: 19.042

· Cataluña: 59.182

· Ceuta: 163

· Comunidade Valenciana: 11.285

· Estremadura: 2.976

· Galicia: 9.146

· Madrid: 69.423

· Melilla: 122

· Murcia: 1.616

· Navarra: 5.275

· País Vasco: 13.529

· A Rioxa: 4.056  

Por outra banda, Asturias, Baleares, Ceuta, Melilla e o País Vasco son as únicas rexións que non rexistraron ningún novo diagnóstico de Covid-19 nas últimas 24 horas.

Así mesmo, nos últimos 14 días diagnosticáronse a 5.555 persoas en toda España e nos últimos sete días a 2.177.

51.482 sanitarios contaxiados   

Por primeira vez, o informe de Sanidade inclúe unha táboa na que mostra que do 29 de maio ao 4 de xuño identificáronse 32.954 casos sospeitosos en Atención Primaria e 24.418 en Atención Hospitalaria. Ademais, o número de contactos estreitos que se confirmaron como casos do 25 ao 31 de maio foron 94.   

En canto ao persoal sanitario, foron diagnosticados por Covid-19 51.482 casos confirmados. Agora ben, desde o 11 de maio e ata o 4 de xuño contaxiáronse 1.155, dos cales 392 foron detectados nos últimos 14 días e 117 no últimos sete días.

De todos eles, 632 infectáronse nun centro sanitario, 414 nun centro sociosanitario e 109 noutro centro.   

Por comunidades autónomas, diagnosticáronse de Covid-19 a 26 sanitarios en Andalucía; 62 en Aragón; 17 en Asturias; 15 en Baleares; 16 en Canarias; 8 en Cantabria; 201 en Castela-A Mancha; 87 en Castela e León; 337 en Cataluña; 6 en Ceuta; 34 na Comunidade Valenciana; un en Estremadura; 29 en Galicia; 217 en Madrid; unha en Melilla; sete en Murcia; 32 en Navarra; 55 no País Vasco; e 4 na Rioxa.

Nos últimos sete días en Atención Primaria e nos hospitais españois identificáronse case 90.000 casos sospeitosos de coronavirus. A preto do 90% fixéronlles a proba o que permitiu diagnosticar 249 persoas infectadas e facer un seguimento das que estiveron en contacto con elas.Fernando Simón, centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias:"Só un 8% dos contactos estreitos que se seguiron durante esta última semana desenvolveron síntomas" "Conseguimos implementar a nivel nacional un sistema de vixilancia que nos permite reaccionar realmente rápido"

O risco de rebrotes segue aí e Simón advirte que aumentará coa apertura de fronteiras aos turistas estranxeiros:"Vai ser un esforzo extra para os servizos de saúde pública, para os servizos de saúde pública e os servizos de sanidade exterior que van ter que facer un esforzo extra"

Pero non ve preocupante os brotes locais detectados en Portugal:"O certo é que agora mesmo non considero que Portugal poida ser de maior risco que moitos outros países da Union Europea"

Ante os riscos que traerá a desescalada, Simón avoga por manter as medidas de distanciamento social, o uso de máscara e a hixiene de mans cando entremos na chamada nova normalidade.