CRTVG

Buscar

España supera os 250.000 casos tras rexistrar 134 novos positivos, sete en Galicia

Publicado o 02/07/2020 18:05


O Ministerio de Sanidade notificou cinco mortes con COVID-19 nas últimas 24 horas, redúcese levemente en comparación cos oito dos que informou o mércores, elevando a cifra total a 28.368. Nos pasados sete días faleceron 24 persoas. Ademais, diagnosticáronse 134 novos positivos, en comparación cos 149 de onte.

Desde o inicio da pandemia o número de casos de coronavirus en España sitúase en 250.103. Ata 1.065 pacientes iniciaron síntomas de COVID-19 nas últimas dúas semanas, 297 na última semana, cifras similares ás deste mércores. Por outra banda, producíronse 136 hospitalizacións (125.217 en total) e 11 ingresos en unidades de coidados intensivos (11.667 en total) nos pasados sete días. 

Nos pasados sete días faleceron 24 persoas:

Andalucía 2

Castela-A Mancha 2

Castela e León 3

Cataluña 4

Madrid 9

País Vasco 3

Navarra 1.

Os novos positivos son:

15 en Andalucía

26 en Aragón

1 nas Baleares

1 en Cantabria

3 en Castela-A Mancha

28 en Cataluña

10 na Comunidade Valenciana

6 en Estremadura

7 en Galicia

25 en Madrid

2 en Murcia

8 en Navarra

1 no País Vasco