CRTVG

Buscar

Os contaxios redúcense a 84 nas últimas 24 horas en España, catro en Galicia

Publicado o 29/06/2020 17:54
Os contaxios redúcense a 84 nas últimas 24 horas en España, catro en Galicia

O Ministerio de Sanidade rexistrou este luns tres mortes con covid-19 en 24 horas, así como 12 falecementos na última semana, situándose a cifra total de falecidos desde o inicio da pandemia nos 28.346. Notificáronse 84 novos positivos, en comparación cos 118 deste domingo, o que sitúa en 248.970 as persoas que se infectaron polo novo coronavirus.

Ata 969 persoas iniciaron síntomas de covid-19 nas dúas últimas semanas, 331 nos últimos sete días. Ademais, 11.661 persoas ingresaron nunha unidade de coidados intensivos (UCI), 15 nos últimos 7 días; e 125.132 precisaron hospitalización, 137 na última semana.

Segundo os datos do Ministerio dirixido por Salvador Illa, as comunidades autónomas que rexistraron máis positivos son Andalucía (32), Aragón (15) e Cataluña (11). En Castela-A Mancha houbo seis novos casos, catro en Galicia, catro en Madrid, catro en Murcia, catro en Navarra, dúas na Castela e León e un na Comunidade Valenciana.

Non se rexistraron novos contaxios nas últimas 24 horas en Asturias, Baleares, Canarias, Ceuta, Estremadura, Melilla, País Vasco nin na Rioxa.

Madrid volveu situarse no primeiro posto, con cinco falecementos de enfermos de coronavirus nos últimos sete días, seguida de Castela-A Mancha e Castela-León, con dous cada unha, e Cataluña, País Vasco e a Rioxa, con 1 en cada territorio.

 

Noticias web

29/06/2020