CRTVG

Buscar

O Ministerio rexistra oito mortes nas últimas 24 horas e 149 novos casos, cinco deles en Galicia

Publicado o 01/07/2020 17:57
O Ministerio rexistra oito mortes nas últimas 24 horas e 149 novos casos, cinco deles en Galicia

O Ministerio de Sanidade rexistrou este mércores oito mortes con COVID-19 en 24 horas, así como 19 falecementos na última semana, situándose a cifra total de falecidos desde o inicio da pandemia nos 28.363. Notificáronse 149 novos positivos, en comparación cos 99 deste martes, o que sitúa en 249.659 as persoas que se infectaron polo novo coronavirus.

Ata 1.015 persoas iniciaron síntomas de Covid-19 nas dúas últimas semanas, das que 293 se produciron no últimos sete días. Ademais, 11.664 persoas ingresaron nunha Unidade de Coidados Intensivos (UCI), 9 nos últimos 7 días; e 125.222 precisaron hospitalización, 151 na última semana.

Andalucía (1), Castela-A Mancha (2), Castela e León (3), Cataluña (2), Madrid (7), País Vasco (3) e A Rioxa (1) son as únicas que notificaron falecidos por Covid-19 nos últimos sete días. 

Os novos contaxios producíronse en:

Andalucía 21

Aragón 20 

Baleares 4 

Canarias 5

Cantabria 1

Castela-A Mancha 2

Castela e León 6

Cataluña 17 

Comunidade 4

Estremadura 5

Galicia 5

Madrid 40

Murcia 6

Navarra 5

País Vasco 7 

A Rioxa 1

 

Noticias web

01/07/2020