CRTVG

Buscar

O Ministerio rexistra o récord diario de contaxios, con máis de 12.180 casos

Publicado o 11/09/2020 17:48

No día en que se cumpren seis meses desde que a Organización Mundial da Saúde (OMS) declarara a crise do coronavirus como unha pandemia, o Ministerio de Sanidade rexistrou 12.183 casos de Covid-19, récord diario de contaxios.

Deles, 4.708 foron diagnosticados nas últimas 24 horas, en comparación cos 4.137 do xoves.

Polo tanto, elévase a cifra total de persoas infectadas en España por coronavirus ata as 566.326.

Así mesmo, o departamento que dirixe Salvador Illa notificou hoxe 48 falecidos por Covid-19 máis, 241 na última semana.

Por tanto, a cifra global de falecidos con coronavirus en España desde o inicio da pandemia sitúase nas 29.747 persoas.

Actualmente hai 8.658 pacientes ingresados por mor do virus en toda España e 1.181 nunha UCI, aínda que nas últimas 24 horas producíronse 1.124 ingresos e 919 altas.