CRTVG

Buscar

O Ministerio rexistra 7.296 novos positivos, 3.594 nas últimas 24 horas

Publicado o 26/08/2020 18:01
O Ministerio rexistra 7.296 novos positivos, 3.594 nas últimas 24 horas

O Ministerio de Sanidade informou de 3.594 casos de covid-19 nas últimas 24 horas, 1.179 máis ca os notificados onte (2.415). Ademais, o informe deste mércores engadiu 7.296 novos positivos, elevando a cifra total a 419.849. Todo a falta de coñecer os datos da Comunidade Valenciana, que tivo problemas para cargar os datos. 

A última semana 129 persoas faleceron con proba diagnóstica positiva confirmada de covid-19, en comparación cos 116 recollidos este martes por Sanidade. A nivel xeral, 28.971 pacientes morreron polo coronavirus en España desde o inicio da pandemia, segundo as cifras oficiais.

Desde o mércores pasado producíronse 1.514 ingresos en camas hospitalarias (132.549 no conxunto da pandemia) e 102 en unidades de coidados intensivos (UCI), para 12.172 desde que o virus da covid-19 chegou a España.