CRTVG

Buscar

O Ministerio rexistra 52 falecidos nunha semana e cifra os contaxios en 143

Publicado o 18/06/2020 17:48
O Ministerio rexistra 52 falecidos nunha semana e cifra os contaxios en 143

O Ministerio de Sanidade informou de 52 falecementos con COVID-19 na última semana, e non engadiu novas mortes desde onte, polo que a cifra total segue en 27.136, un dato que leva conxelado varias semanas á espera da actualización da data de defunción por parte das comunidades autónomas.

Dos 52 falecementos:

Andalucía 1

Aragón 1

Asturias 1

Castela-A Mancha 2

Castela e León 13

Cataluña 3

Comunidade Valenciana 3

Madrid 25

País Vasco 3

Por outra banda, detectáronse 143 novos positivos, dous máis que os notificados este mércores, deixando o dato en 245.268 contaxiados desde o inicio da pandemia. Nos últimos 14 días, rexistráronse 701 persoas que iniciaron síntomas da enfermidade, 143 na última semana.

Os 143 contagios localizáronse en:

Andalucía 6

Aragón 5

Baleares 2

Canarias 14

Cantabria 3

Castela-A Mancha 5

Castela e León 2

Cataluña 16

Comunidade Valenciana 4

Estremadura 87

Galicia 2

Madrid 69

Navarra 5

País Vasco 3

89 persoas foron hospitalizadas na última semana (124.779 en total): sete en Andalucía, catro en Aragón, dúas en Baleares, dúas en Cantabria, cinco en Castela-A Mancha, doce en Castela e León, once en Cataluña, dúas en Comunidade Valenciana, dúas en Galicia, 34 en Madrid, unha en Melilla, dúas en Navarra e cinco en País Vasco.

Houbo nove ingresados en Unidades de Coidados Intensivos (11.630 en total): un en Castela-A Mancha, dous en Castela e León, dous en Cataluña, un en Comunidade Valenciana e tres en Madrid.