CRTVG

Buscar

O Ministerio rexistra 40 mortes na última semana e soben os contaxios a 167 nas últimas 24 horas

Publicado o 10/06/2020 17:28

O Ministerio de Sanidade informou de 40 mortes na última semana por COVID-19 en España, mentres que non engadiu novos falecementos con respecto a onte, quedando a cifra total en 27.136.

Os 40 falecementos localízanse en:

Asturias 6

Castela-A Mancha 4

Castela e León 6 

Cataluña 3

Estremadura 1

Madrid 14

Murcia 1 

País Vasco 2 

A Rioxa 3.

Con todo, produciuse un aumento nos contaxios detectados, con 167, fronte aos 84 que se notificaron este martes:

Andalucía 5

Aragón 14

Castela-A Mancha 7

Castela e León 3

Cataluña 36

Comunidade Valenciana 13

Estremadura 4

Galicia 3

Madrid 62

Murcia 2

Navarra 4

País Vasco 13 

A Rioxa 1

A cifra total de positivos é de 242.280 desde o inicio da pandemia. Nas últimas dúas semanas, 875 persoas iniciaron síntomas de COVID-19, 235 nos pasados sete días.

Rexistráronse 139 hospitalizacións na última semana, para un total de 124.479: oito en Andalucía, doce en Aragón, dúas en Asturias, unha en Baleares, tres en Canarias, tres en Cantabria, 17 en Castela-A Mancha, 22 en Castela e León, 17 en Cataluña, oito na Comunidade Valenciana, dúas en Galicia, 33 en Madrid, unha en Murcia, unha en Navarra, sete no País Vasco e dúas na Rioxa.

Igualmente, engadíronse doce ingresos en Unidades de Coidados Intensivos non últimos sete días (11.613 en total): un en Aragón, un en Cantabria, catro en Castela-A Mancha, dous en Castela e León, tres en Cataluña e un en Madrid.

 

Noticias web

10/06/2020