O Ministerio rexistra 124 novos casos positivos de coronavirus, dous en Galicia

O Ministerio de Sanidade rexistrou este martes 124 novos casos positivos de coronavirus, en comparación cos 89 do luns, o que sitúa en 252.130 as persoas que se infectaron en España.
En Galicia, cae a curva de contaxios e só se rexistran dous novos casos positivos.
Así mesmo, Sanidade notificou 9 falecidos na última semana, situándose así a cifra total de mortos por Covid-19 nos 28.392, catro máis que o luns (28.388).
Segundo o último informe publicado polo departamento que dirixe Salvador Illa, ata 1.351 persoas iniciaron síntomas de Covid-19 nas dúas últimas semanas, 387 delas nos últimos sete días.
Ademais, 11.706 persoas ingresaron nunha Unidade de Coidados Intensivos (UCI), 7 nos últimos 7 días; e 125.616 precisaron hospitalización, 157 na última semana.
Por comunidades, a repartición do total de diagnosticados con coronavirus é a seguinte:
· Andalucía: 13.275 (11 nas últimas 24 horas)
· Aragón: 6.519 (26 novos)
· Asturias: 2.435
· Baleares: 2.239
· Canarias: 2.443 (1 máis que o luns)
· Cantabria: 2.368
· Castela-A Mancha: 18.291 (6 novos)
· Castela e León: 19.773
· Cataluña: 62.943 (36 novos)
· Ceuta: 163
· Comunidade Valenciana: 11.685 (8 novos)
· Estremadura: 3.066 (2 máis que o luns)
· Galicia: 9.336 (2 máis)
· Madrid: 72.336 (22 novos)
· Melilla: 126 casos
· Murcia: 1.709 (2 máis)
· Navarra: 5.486 (2 novos)
· País Vasco: 13.859 (6 novos)
· A Rioxa: 4.078
En canto ás mortes, as únicas comunidades que notificaron fallecidos nos últimos sete días foron Aragón (1), Castela-A Mancha (1), Castela e León (1), Cataluña (1), Madrid (4) e o País Vasco (1).
Non obstante, en total, en Andalucía faleceron 1.433 personas; en Aragón 913; en Asturias 334; en Baleares 224; en Canarias 162; en Cantabria 216; en Castela-A Mancha 3.028; y en Castela e León 2.788. Además, 5.675 personas faleceron en Cataluña por mor do coronavirus; en Ceuta contabilizáronse 4 falecidos desde o comezo da pandemia; na Comunidade Valenciana 1.432; en Estremadura 519; en Galicia 619; en Madrid 8.440; en Melilla 2; en Murcia 148; en Navarra 528; no País Vasco 1.561; e na Rioxa 366.