CRTVG

Buscar

O Ministerio notifica 7.118 novos casos, 2.759 en 24 horas, e 80 mortes máis

Publicado o 13/10/2020 21:13

As comunidades autónomas notificaron este martes ao Ministerio de Sanidade 7.118 novos casos de covid−19, 2.759 nas últimas 24 horas, o que supón un pequeno descenso respecto aos 2.825 diagnosticados onte.

A cifra global de contaxios elévase xa a 896.086 desde o inicio da pandemia, segundo as cifras oficiais.

Na última semana faleceron 406 persoas con diagnóstico de covid−19 positivo confirmado en España, un retroceso en comparación cos 447 notificados este luns.

No informe deste martes engadíronse 80 novos falecementos. 

Ata 33.204 persoas con PCR positiva faleceron desde que o virus chegou a España.

Un total de 2.657 persoas precisaron de hospitalización por coronavirus nos últimos sete días (158.239 desde o comezo da pandemia) e 164 en Unidade de Coidados Intensivos (UCI), para unha cifra conxunta de 14.271 desde febreiro.