CRTVG

Buscar

O Ministerio notifica 28.565 novos positivos e a incidencia descende ata 750

Publicado o 05/02/2021 18:29
O Ministerio notifica 28.565 novos positivos e a incidencia descende ata 750

 O Ministerio de Sanidade notificou 28.565 novos positivos de covid desde o xoves e un descenso da incidencia acumulada ata os 750,7 casos por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días, o que supón 32 puntos menos que onte e unha cifra similar á de mediados de xaneiro.

Ademais informou de 584 mortes máis, o que eleva a cifra total de falecidos desde o inicio da pandemia a 61.386, dos cales 1.951 rexistráronse nos últimos sete días.

Segundo Sanidade, a presión nas UCI segue practicamente igual, cun lixeiro ascenso de cinco décimas ata o 44,8 %, con 4.795 enfermos ingresados (28 menos que onte).

A cifra total de contaxios elévase ata o momento a 2.941.990.