CRTVG

Buscar

O ritmo de contaxios en España segue á alza

Publicado o 15/09/2020 08:29

O ritmo de contaxios en España segue á alza e tamén o número de hospitalizados e falecidos. Vinte e sete mil novos casos durante a fin de semana, máis de douscentos mortos nos últimos sete días e máis de nove mil ingresados pola doenza, ese é o último balance do ministerio.

O número de falecidos por COVID−19 en España segue subindo: máis de douscentos nos últimos sete días, un cento rexistrados dende o venres. Sanidade tamén informou de máis de vinte e sete mil catrocentos casos novos esta fin de semana. O ritmo de contaxios detectados continúa en ascenso.

Soben os hospitalizados pola doenza, nove mil segundo Sanidade, máis de mil na UCI. Madrid, a rexión máis afectada, sumou case once mil contaxiados á estatística dende o venres. Esta comunidade promove un novo tipo de proba para a detección de casos, a de antíxenos, que o Goberno está a avaliar.

Sanidade asegura que as reinfeccións de covid−19 son sumamente excepcionais, e di que agardan por máis informes médicos sobre os catro casos documentados por Cataluña.