CRTVG

Buscar

O Ministerio notifica 12.788 novos casos, 5.986 en 24 horas, e 241 mortes máis

Publicado o 09/10/2020 21:16

As comunidades autónomas notificaron ao Ministerio de Sanidade 12.788 novos casos de covid-19, 5.986 nas últimas 24 horas, o que supón un pequeno avance con respecto aos 5.585 diagnosticados onte.

A cifra global de contaxios elévase xa a 861.112 desde o inicio da pandemia, segundo as cifras oficiais.

Na última semana faleceron 541 persoas con diagnóstico de covid-19 positivo confirmado en España, un aumento en comparación cos 421 notificados este xoves.

No informe deste venres engadíronse 241 novos falecementos.

Ata 32.929 persoas con PCR positiva faleceron desde que o virus chegou a España.

Un total de 2.764 precisaron de hospitalización por coronavirus nos pasados sete días (156.415 desde o comezo da pandemia) e 199 en Unidade de Coidados Intensivos (UCI), para unha cifra conxunta do 14.148 desde febreiro.