CRTVG

Buscar

O Ministerio notifica 12.272 novos casos de covid-19 e 114 mortes

Publicado o 25/09/2020 17:40
O Ministerio notifica 12.272 novos casos de covid-19 e 114 mortes

O Ministerio de Sanidade rexistrou este venres 12.272 casos de Covid-19, dos cales 4.122 foron diagnosticados nas últimas 24 horas, en comparación cos 3.471 do xoves, situándose a cifra global de persoas infectadas por coronavirus ás 716.481.

En canto ao número de falecidos, o departamento que dirixe Salvador Illa rexistrou este venres 114 falecidos por Covid-19 máis, 475 na última semana.

Isto fai que a cifra global de falecidos por Covid-19 en España se leve ás 31.232 persoas.

Actualmente hai 11.006 pacientes ingresados por Covid-19 en toda España e 1.465 nunha UCI, aínda que nas últimas 24 horas producíronse 1.358 ingresos e 1.107 altas.