CRTVG

Buscar

O Ministerio engade 8.148 positivos á cifra total, 3.650 nas últimas 24 horas

Publicado o 21/08/2020 17:48
O Ministerio engade 8.148 positivos á cifra total, 3.650 nas últimas 24 horas

O Ministerio de Sanidade informou este venres de 3.650 novos casos da covid-19 no último día, o que supón unha subida de 300 respecto a onte (3.349).

O informe tamén actualizou a cifra de positivos, incorporando 8.148 novos diagnósticos fronte ao xoves, para un dato total de 386.054.

Ata 125 persoas faleceron con proba diagnóstica positiva confirmada de covid-19 na última semana, un número parecido ao de onte (122).

O número total de mortes desde o inicio da pandemia sitúase agora en 28.838, de acordo coas estatísticas oficiais.

Ademais, no últimos sete días producíronse 1.467 ingresos hospitalarios (131.175 no cómputo global da pandemia) e 93 en unidades de coidados Intensivos (UCI), cunha cifra conxunta de 12.060.